
Garfield é o nome dunha banda deseñada diaria creada por Jim Davis. Publícase desde o 19 de xuño de 1978 e ten como protagonistas ao gato cínico e lacazán Garfield, ao non moi listo can chamado Odie e mais ao dono de ambos os dous, o inepto Jon Arbuckle. O nome do protagonista vén do avó de Jim Davis, James Garfield Davis, que á súa vez fora bautizado en honor ao presidente estadounidense James Abram Garfield.
Ao principio publicouse en só 41 xornais, pero rapidamente a súa tira cómica estendeuse por todo o mundo. No ano 2007, aproximadamente 2.580 xornais e revistas publicaban a historieta, que é lida diariamente por 263.000.000 persoas en todo o mundo. Actualmente posúe o Récord Guinness de ser a tira cómica máis amplamente imprimida[1]. A popularidade do cómic deu pé a varios especiais animados para a televisión, dúas series de animación (a máis nova, animada por ordenador, está actualmente en produción), dúas longametraxes de acción e aventuras e tres películas animadas por ordenador que saíron directamente en vídeo (as dúas últimas están actualmente en produción); así como unha enorme cantidade de mercancías de Garfield.
O gato Garfield divírtese dándolle empurróns a Odie para tiralo da mesa; rise dos donos de mascotas e da relación que teñen cos seus animais domésticos, que normalmente son os verdadeiros xefes do fogar. Garfield tamén loita contra problemas humanos, tales como as dietas, os luns, a apatía e mais o aburrimento.
No hay comentarios:
Publicar un comentario